O clima e o chan da zona proporcionan á uva albariña unha calidade inmellorable a cal se traduce posteriormente nuns viños albariños de calidade e prestixio nacional e internacional.

A vendima realízase entre mediados do mes de setembro e mediados do mes de outubro. Xa dende a recollida da uva en Adega Eidos coidamos en todo momento o proceso de elaboración para producir o mellor viño.

Na vendima levamos a cabo unha selección inicial dos acios separando os acios danados, para transportar a continuación a uva ata a adega.

Tras a recepción en adega, pesado e identificación das parcelas, inmediatamente realizamos as analíticas da uva recibida para confirmar a idoneidade da materia prima.

A continuación, iniciamos o proceso de elaboración, en primeiro lugar procedemos a efectuar unha segunda revisión que consiste en escoller a uva na mesa de selección, eliminando os acios danados, que non estean en estado óptimo sanitario ou de maduración, procedendo a continuación ás tarefas de despalillado, estrullón e maceración en frío, para o posterior prensado a baixa presión.

A fermentación é o proceso mediante o cal os azucres contidos no mosto se transforman en alcohol. Esta realizámola en depósitos de aceiro inoxidable a temperatura controlada co fin preservar todas as características organolépticas dos viños resultantes.

Padriñan, 65 - 36960 Sanxenxo - Pontevedra  |  T: +34 986 690 009  |  Fax: +34 986 720 307  |  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.