A adega, acollida á denominación de Orixe "Rías Baixas", sitúase no extremo máis meridional da subzona "Val do Salnés", ao abeiro dunha aba denominada "Padriñán", na cal se encontran infinidade de pequenas plantacións inmemoriais que a nutren.

Esta zona cun dominio privilexiado sobre a vila de Sanxenxo e a bocana da ría de Pontevedra, posúe un microclima propio, idóneo para o cultivo da vide, que unido ás peculiaridades xeofísicas do chan, dan por resultado unha uva con inmellorable equilibrio de ácidos e azucres cun grao de maduración óptimo.

Esta conxunción, de indubidable fama no ámbito, orixinou un viño albariño con identidade propia, que se acrecentou co paso dos anos.

Padriñan, 65 - 36960 Sanxenxo - Pontevedra  |  T: +34 986 690 009  |  Fax: +34 986 720 307  |  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.