A Denominación de Orixe Rías Baixas esténdese por un conxunto de zonas de Galicia que teñen unha serie de condicións físicas comúns que identifican e orixinan as características dos seus viños.

Se trata de terras baixas, con altitude xeralmente inferior a 300 m., próximas ao mar e asociadas aos tramos inferiores dos cursos fluviais, o que condiciona formalmente as características climáticas de influencia Atlántica que se manifesta en temperaturas suaves e precipitacións elevadas e ben repartidas, cun descenso hídrico nos meses de verán.

Adega Eidos encóntrase encravada na subzona "Val do Salnés" sendo esta a de maior superficie e a bisbarra costeira máis plana de Galicia.

Padriñan, 65 - 36960 Sanxenxo - Pontevedra  |  T: +34 986 690 009  |  Fax: +34 986 720 307  |  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

foexga""

+info

foexga

Esta empresa participa no Plan Foexga 2016-2017 Operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Como apoio ao proceso de internacionalización, Adega dos Eidos ten axuda concedida pola Xunta de Galicia a través de IGAPE para participar no Plan de Fomento das exportacións galegas (Foexga) 2016-2017, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020, OT3 Conseguir un tecido empresarial mais competitivo. Unha maneira de facer Europa. O obxectivo principal do Plan Foexga é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.

foexga2